ADN, BIOLOXÍA, XENÉTICA….Wonderful world!

O descubremento da estrutura do ADN supuxo unha auténtica revolución no campo da bioloxía. Chegouse a considerar a dobre hélice como a imaxe representativa do século XX, como a máquina de vapor o fora do século XIX.

A comezos do século XX, a difusión das leis de Mendel, a teoría cromosómica da herdanza, os avances tecnolóxicos e, sobre todo, o descubrimento da dobre hélice de ADN, marcaron o inicio da bioloxía molecular.

O coñecemento da estrutura e as propiedades de ADN converteu á segunda metade do século XX na etapa investigadora máis fructífera da historia da bioloxía.

Coñecer o ADN permitiu desvelar o código xenético, realizar estudos sobre a similitude xenética e parentesco evolutivo entre as especies, apreciar o efecto das alteracións do ADN no funcionamento dos seres vivos e, ademais, crear unha nova disciplina biolóxica, a biotecnoloxía.

Coa enxeñaría xenética, unha das ferramentas máis utilizadas da biotecnoloxía, pódense realizar operacións impensables antes do descubrimento do ADN. Algúns dos procesos efectuados mediante enxeñaría xenética son:

  • unir o ADN de diferentes especies para conseguir plantas e animais transxénicos.
  • obter clons de animais.
  • facer producir a bacterias substancias humanas de interese terapéutico.
  • afrontar o proxecto xenoma humano.

O ciclo celular ou ciclo vital dunha célula é o periodo comprendido entre o seu nacemento a partir doutra célula preexistente e a súa propia división para orixinar dúas células fillas.


….e sen dúbida alguén que debedes coñecer no campo da xenética é a Ángel Carracedo, toda unha eminencia no campo da xenética a nivel mundial.


Publicado en Vídeos | Deixa un comentario

CAMBIOS CLIMÁTICOS. PRESENTES E FUTUROS??

O quentamento do clima é un problema de grande envergadura, xa que é global, é dicir, afecta á totalidade do planeta. Por iso, as solucións adecuadas para facerlle fronte han de levarse a cabo a escala global, co consenso de todos os países do mundo.

Pero, trátase dunha variación climática natural ou, polo contrario, existen evidencias da influencia humana? No convenio sobre o cambio climático da Conferencia de Río de 1992, apuntouse neste segundo sentido e concluíuse que se os países en vías de desenvolvemento seguen o noso modelo de explotación incontrolada en canto ao consumo dos recursos, as emisións de gases de efecto invernadoiro dispararanse. A solución que se propuxo foi a de propiciar o seu desenvolvemento económico mediante o uso de enerxías renovables, limpas e sotibles, sendo este un labor global que haberían de subvencionar os países ricos.

Segundo un informe de 2001 dos científicos pertencentes ao Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), parece que existen evidencias do papel humano no cambio climático global.

Certamente, o CO2 principal responsable pero non o único, xa que existen outros gases de efecto invernadoiro moito máis potentes có CO2, aínda que a súa incidencia no efecto non sexa tanta, dada a súa menor concentración na atmosfera: o metano e o óxido nitroso e os FCs.


Publicado en Vídeos | Deixa un comentario

COMO É A TÚA CASA? BIOCLIMÁTICA?

 

Unha gran parte da enerxía consumida nos fogares utilízase para quentalos, arrefrialos e iluminalos, actividades nas que se pode conseguir un grande aforro de enerxía e diñeiro.

Para este fin utilizaremos un deseño adecuado que coincida coa arquitectura tradicional de cada zona. Ademais, construíranse casas que quenten ou arrefrien pasivamente, utilizando para iso a luz  do Sol e principios de deseño arquitectónico que xa levaron a cabo os persas, gregos, romanos, etc.., máis eficientes e dun custo menor, coma os edificios con paredes e cubertas ben illadas. Esta é a chamada arquitectura bioclimática, herdeira do saber da arquitectura popular.

É posible conseguir, cun consumo mínimo, edificios confortables e con oscilacións de temperatura moi pequenas ao longo do ano, aínda que no exterior as variacións climáticas sexan moi acusadas. O deseño, a orientación, o espesor dos muros, o tamaño das ventás, os materiais de construción empregados e o tipo de acristalamento son algúns dos elementos da arquitectura solar pasiva.

Publicado en felix muriel, Sen categorizar | Deixa un comentario

A CINTA TRANSPORTADORA OCEÁNICA

Denóminase así a unha especie de auga  que percorre a maioría dos océanos do planeta: na primeira metade da súa traxectoria, faino coma corrente profunda, condicionada pola densidade, e na segunda, en forma de corrente superficial, supeditada á acción dos ventos dominantes.

Na seguinte figura observamos que o inicio desta circulación, atópase nas proximidades de Grenlandia, preto do límite dos xeos, onde a auga tende a afundirse por ser salgada, fría e, por conseguinte, densa.

Esta corrente percorre o fondo do Atlántico de norte a sur ata que entra en contacto coas xélidas augas do océano Antártico e ascende, retornando parte dela, ao seu lugar de orixe. O resto somérxese de novo debido ao intenso arrefriamento superficial e descorre polo fondo do océano Indico, onde parte ascende, e parte chega ata o Pacífico, onde definitivamente ascende e se quenta.

Posteriormente realiza o traxecto en sentido inverso en forma de corrente superficial, arrastrando con ela as augas cálidas, as nubes formadas nos océanos cálidos, orixinando chuvias ao seu paso e elevando as temperaturas das costas atlánticas noreuropeas polas que descorre.

Publicado en felix muriel | Deixa un comentario

RISCOS VOLCÁNICOS

Os volcáns son a manifestación máis directa da enerxía xeotérmica porque constitúen fracturas polas que o magma sae ao exterior. Por outro lado, son un risco xeolóxico natural, xa que poden causar morte e destrucción.

En  total hai uns 40000 volcáns na Terra e só a cuarta parte dos mesmos se encontra por enriba do nivel do mar. Actualmente, uns 800 deles están en activo, os restantes se encontran inactivos e co tempo poden entrar en erupción.

A distribución xeográfica dos volcáns non é aleatoria senón que se circunscribe aos límites de placas, sobre todo ás zonas de subducción que constitúen o Cinto de fogo do Pacífico, rodeando todas as súas costas. Tamén se produce vulcanismo nas dorsais que percorren o centro de moitos océanos, por exemplo, en Islandia, situada sobre a dorsal atlántica.

Tamén podemos encontrar volcáns no interior das placas ou intraplaca. Por exemplo, os correspondentes ás illas Hawai, situados na zona central da placa oceánica pacífica; o Kilimanjaro, no centro do continente africano; e as illas Canarias, na placa africana.

Orixe das Canarias? Antigo penacho térmico que se está esgotando. Que pasa na illa do Hierro?


Publicado en Vídeos | Deixa un comentario

Presentación con slideshare.net

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Riscos Xeolóxicos

Entendemos por risco xeolóxico calquera condición do medio xeolóxico ou proceso xeolóxico natural inducido ou mixto que poida xerar un dano económico ou social para algunha comunidade humana, e cunha predicción, prevención e corrección nas que deben empregarse criterios xeolóxicos.

O risco xeolóxico, ó igual que calquera doutro tipo, é o producto dos tres factores que o condicionan: perigosidade, vulnerabilidade e exposición.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Post con vídeo

Ciclo do carbono:


Publicado en Vídeos | 1 Comentario

Unha proba con tags

A atmosfera e a hidrosfera son os dous subsistemas terrestres máis relevantes para o funcionamento do sistema climático. Ámbolos dous constitúen a máquina climática, sistema dinámico que funciona con enerxía solar e determina o clima en gran medida. Poseríamos afirmar que o ciclo da auga constitúe a interacción máis importante dentro da máquina climática.

Publicado en felix muriel | Etiquetado , | Deixa un comentario

Post con imaxes

 

“Este é o post que contén texto e imaxe co obxectivo de practicar a introducción de imaxes”

Publicado en Imaxes | Etiquetado | Deixa un comentario