A CINTA TRANSPORTADORA OCEÁNICA

Denóminase así a unha especie de auga  que percorre a maioría dos océanos do planeta: na primeira metade da súa traxectoria, faino coma corrente profunda, condicionada pola densidade, e na segunda, en forma de corrente superficial, supeditada á acción dos ventos dominantes.

Na seguinte figura observamos que o inicio desta circulación, atópase nas proximidades de Grenlandia, preto do límite dos xeos, onde a auga tende a afundirse por ser salgada, fría e, por conseguinte, densa.

Esta corrente percorre o fondo do Atlántico de norte a sur ata que entra en contacto coas xélidas augas do océano Antártico e ascende, retornando parte dela, ao seu lugar de orixe. O resto somérxese de novo debido ao intenso arrefriamento superficial e descorre polo fondo do océano Indico, onde parte ascende, e parte chega ata o Pacífico, onde definitivamente ascende e se quenta.

Posteriormente realiza o traxecto en sentido inverso en forma de corrente superficial, arrastrando con ela as augas cálidas, as nubes formadas nos océanos cálidos, orixinando chuvias ao seu paso e elevando as temperaturas das costas atlánticas noreuropeas polas que descorre.

Esta entrada foi publicada en felix muriel. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta