COMO É A TÚA CASA? BIOCLIMÁTICA?

 

Unha gran parte da enerxía consumida nos fogares utilízase para quentalos, arrefrialos e iluminalos, actividades nas que se pode conseguir un grande aforro de enerxía e diñeiro.

Para este fin utilizaremos un deseño adecuado que coincida coa arquitectura tradicional de cada zona. Ademais, construíranse casas que quenten ou arrefrien pasivamente, utilizando para iso a luz  do Sol e principios de deseño arquitectónico que xa levaron a cabo os persas, gregos, romanos, etc.., máis eficientes e dun custo menor, coma os edificios con paredes e cubertas ben illadas. Esta é a chamada arquitectura bioclimática, herdeira do saber da arquitectura popular.

É posible conseguir, cun consumo mínimo, edificios confortables e con oscilacións de temperatura moi pequenas ao longo do ano, aínda que no exterior as variacións climáticas sexan moi acusadas. O deseño, a orientación, o espesor dos muros, o tamaño das ventás, os materiais de construción empregados e o tipo de acristalamento son algúns dos elementos da arquitectura solar pasiva.

Esta entrada foi publicada en felix muriel, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta