ADN, BIOLOXÍA, XENÉTICA….Wonderful world!

O descubremento da estrutura do ADN supuxo unha auténtica revolución no campo da bioloxía. Chegouse a considerar a dobre hélice como a imaxe representativa do século XX, como a máquina de vapor o fora do século XIX.

A comezos do século XX, a difusión das leis de Mendel, a teoría cromosómica da herdanza, os avances tecnolóxicos e, sobre todo, o descubrimento da dobre hélice de ADN, marcaron o inicio da bioloxía molecular.

O coñecemento da estrutura e as propiedades de ADN converteu á segunda metade do século XX na etapa investigadora máis fructífera da historia da bioloxía.

Coñecer o ADN permitiu desvelar o código xenético, realizar estudos sobre a similitude xenética e parentesco evolutivo entre as especies, apreciar o efecto das alteracións do ADN no funcionamento dos seres vivos e, ademais, crear unha nova disciplina biolóxica, a biotecnoloxía.

Coa enxeñaría xenética, unha das ferramentas máis utilizadas da biotecnoloxía, pódense realizar operacións impensables antes do descubrimento do ADN. Algúns dos procesos efectuados mediante enxeñaría xenética son:

  • unir o ADN de diferentes especies para conseguir plantas e animais transxénicos.
  • obter clons de animais.
  • facer producir a bacterias substancias humanas de interese terapéutico.
  • afrontar o proxecto xenoma humano.

O ciclo celular ou ciclo vital dunha célula é o periodo comprendido entre o seu nacemento a partir doutra célula preexistente e a súa propia división para orixinar dúas células fillas.


….e sen dúbida alguén que debedes coñecer no campo da xenética é a Ángel Carracedo, toda unha eminencia no campo da xenética a nivel mundial.


Esta entrada foi publicada en Vídeos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta