CAMBIOS CLIMÁTICOS. PRESENTES E FUTUROS??

O quentamento do clima é un problema de grande envergadura, xa que é global, é dicir, afecta á totalidade do planeta. Por iso, as solucións adecuadas para facerlle fronte han de levarse a cabo a escala global, co consenso de todos os países do mundo.

Pero, trátase dunha variación climática natural ou, polo contrario, existen evidencias da influencia humana? No convenio sobre o cambio climático da Conferencia de Río de 1992, apuntouse neste segundo sentido e concluíuse que se os países en vías de desenvolvemento seguen o noso modelo de explotación incontrolada en canto ao consumo dos recursos, as emisións de gases de efecto invernadoiro dispararanse. A solución que se propuxo foi a de propiciar o seu desenvolvemento económico mediante o uso de enerxías renovables, limpas e sotibles, sendo este un labor global que haberían de subvencionar os países ricos.

Segundo un informe de 2001 dos científicos pertencentes ao Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC), parece que existen evidencias do papel humano no cambio climático global.

Certamente, o CO2 principal responsable pero non o único, xa que existen outros gases de efecto invernadoiro moito máis potentes có CO2, aínda que a súa incidencia no efecto non sexa tanta, dada a súa menor concentración na atmosfera: o metano e o óxido nitroso e os FCs.


Esta entrada foi publicada en Vídeos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta